Durante séculos, as baleas foron unha especie máis de pesca para os mariñeiros galegos. Primeiro de xeito artesán e, xa no século XX con toda unha industria aparellada, os grandes mamÃferos facÃan parte da vida cotiá de diferentes portos. Agora, a obra Los balleneros en Galicia (siglos XIII al XX), de Felipe Valdés, analiza de xeito sistemático a actividade baleeira do paÃs e revela este pasado tan descoñecido.
“A historida da actividade baleeira ten dous perÃodos, e a fase tradicional ou artesá remata no século XVIII, asà que desde entón perdeuse a cultura popular relacionada coa pesca da balea. No PaÃs Vasco si se conservou, aÃnda que non de xeito sistemático”, explica Valdés. A práctica desaparición da balea franca, que era a máis habitual nas faenas pesqueiras dos galegos neste perÃodo, foi a causa de que cesase esta actividade, que ata o de entón “era unha pesca costeira de baixura. Non hai constancia de galegos faenando balea a grande distancia, como si acontecÃa con outras especies en caladoiros como Terranova ou o Banco Canario-Sahariano, xa no século XVI”. Malia aos séculos de actividade arredor da pesca da balea, non se conservan no noso patrimonio moitos restos relacionados con esta actividade nin existe unha especial pegada na tradición oral.
Restos materiais
No entanto, ficaron algunhas pegadas fÃsicas desta actividade. Desta primeira época, quédanos pouca cousa. En lugares como Malpica hai ósos de balea nalgunhas casas, que en varios casos en ruÃnas e poden desaparecer en calquera momento. “Empregábanse como material de construción para dinteis de portas, xanelas ou teitumes ou mesmo as vértebras apiladas como columnas. Era un material de moi boa calidade. Agora os ósos que restan están perfectos mentres que a madeira de arredor está podre”, lembra este investigador. Fóra deses escasos anacos, non hai moitos máis restos destas actividades, aÃnda que Valdés non descarta as posibilidades de futuros achados neste campo. “Non apareceron restos de ferramentas coma arpóns, pero quizais algunha escavación en lugares que foron enclaves baleeiros poderÃa aparecer algo, pero aÃnda non se fixo nada ao respecto”.
Portos con tradición baleeira
Para alén de ferramentas, quedan por descubrir, a priori, edificios e instalacións nas que se despezaban os cetáceos e se procesaban e aproveitaban os diferentes materiais que se obtiñan delas, como o aceite. “FacÃase de xeito artesán, pero era unha explotación sistemática e moi importante a nivel económico. O aceite daquela era empregado como agora a electricidade ou o petróleo, supuña a fonte do alumeado nocturno”. Nese sentido, Valdés apunta a existencia de depósitos arqueolóxicos localizados. “Cónstame que en San Cibrao cando urbanizaron as proximidades do faro apareceron bastantes cousas, como os lugares onde estaban os fornos ou os edificios, e mesmo o camiño empedrado que Ãa desde a zona onde se descuartizaban os cetáceos ata os fornos”. Do mesmo xeito, apunta como lugares de posibles achados portos cunha grande tradición baleeira. “Houbo bastantes, pero os máis importantes foron os de Bares ou San Cibrao, que tiveron unha actividade ininterrompida entre os séculos XIII e XVIII. No Atlántico estaban os portos de Malpica e Caión, aÃnda que tiveron unha vida máis corta porque a pesca da balea chegou no século XVI da man de baleeiros vascofranceses”.
A importación do método
Estes mariñeiros chegaron ás nosas costas buscando novos caladoiros ante a competencia dos vascos do outro lado da fronteira. Nos portos nos que traballaban, segundo explica este investigador “as instalacións eran moi sinxelas. Tratábase dunhas cabanas de madeira con tellado nas que se instalaban os fornos ou as caldeiras, e mesmo tiñan carpintarÃas nas que montaban os bocois para o aceite”. Os mariñeiros achegábanse cada ano na temporada da costeira da balea, entre novembro e febreiro ou marzo. Para o seu traballo, tanto eles como con posterioridade os galegos empregaban pequenas embarcacións de entre 6 e 8 metros de eslora, impulsadas por remo ou a vela. Antes daqueles tempos Valdés localizou un antecedente medieval. “Era unha embarcación diferente que era semellante pero coa proa e a popa algo máis sobreelevadas, a semellanza dos drakkars escandinavos”. E é que as orixes desta actividade atópase en Escandinavia, desde onde os normandos a achegaron ata o Cantábrico e introduciron os vascos na pesca.
A industria
Non serÃa ata os anos 20 que renaceu esta explotación, xa de xeito industrial e de man de noruegos, chegando a grandes distancias da costa e aproveitando outras especies. Con máis importancia, nos anos 50 empresas galegas como IBSA e Massó continuaron coa actividade ata que a moratoria de 1985 acabou con esta industria ao prohibir a pesca comercial dos cetáceos. Desta segunda fase de actividade, mantéñense aÃnda, malia a que moi deteriorados, elementos de patrimonio industrial de importancia en varios puntos do noso paÃs. “Hai restos, e cada vez menos, das tres factorÃas baleeiras de Caneliñas (Cee), Morás (Xove), e Balea (Cangas). GustarÃame pensar que a raÃz do libro se poidan rehabilitar e conservan porque están nun estado verdadeiramente ruinoso”, explica Valdés. Nestes conxuntos poden atoparse aÃnda restos de caldeiras, vasillas para gardar o aceite, as rampas polas que se arrastraban os cadáveres destes enormes animais e mesmo os milleiros de marcas na madeira causadas polas coitelas aos despezar.
O abandono
O descoido que afectou ao patrimonio desta industria xa desaparecida chegou a punto de que un dos últimos barcos baleeiros que se conservaban no paÃs, o Ibsa I, foi para Noruega. “AlÃ, nunha localidade cunha grande tradición neste campo, houbo unha subscrición popular para adquirilo e restauralo. Hoxe téñeno como museo flotante e mesmo o sacan de cando en vez ao mar”. Malia a todo, en diferentes centros do paÃs poden verse pezas relacionadas con esta industria. “No Aquarium Finisterrae hai o canón arpoeiro do Ibsa III, hai outro no Museo Massó e tamén no Museo do Mar de Vigo. No Museo do Mar de San Cibrao hai varios arpóns, pero é moi pouco comparado co que podÃamos ter. De feito en Noruega teñen máis material das factorÃas galegas do que se conserva aquÔ, lamenta Valdés.

GalerÃa: Baleas en Galicia
Panorámica da factorÃa de Caneliñas (1924-27) FotografÃa conservada no Museo de Pontevedra. Fonte: Fundación Barrié
Separación da pel e da graxa dun rorcual común en Caneliñas (1924-1927)
FotografÃa conservada no Museo de Pontevedra. Fonte: Fundación Barrié
Procesamento dun rorcual na factorÃa flotante Rey Alfonso (1924-1926)
Fonte: Fundación Barrié