O Obelisco da Coruña acolle desde a mañá desde o 4 de decembro e ata o vindeiro dÃa 19 a exposición [Es] Pazo Meirás. Esta iniciativa da Comisión pola Recuperación da Memoria História A Coruña co apoio do Concello fai un repaso pola historia deste monumento, desde os usos que tivo antes de pasar a mans da familia Franco ata o actual proceso que procura o seu retorno a mans públicas. A proposta, artellada en cubos expositivos, fai un percorrido gráfico sobre o proceso polo que o conxunto acabou en mans do ditador, a atender aos diferentes fitos e personaxes que marcaron a historia deste monumento.