O Concello da Coruña aproba reclamar a Casa Cornide por vía xudicial

O histórico inmoble atópanse nas mans da familia Franco

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Casa Cornide. Wikimedia Commons. Autor: Zarateman

Casa Cornide. Wikimedia Commons. Autor: Zarateman

O pleno do Concello da Coruña aprobou onte unha moción do grupo municipal do BNG para iniciar accións legais de cara a recuperar a titularidade da Casa Cornide. Este Pazo de estilo barroco fora adquirido nunha poxa pública en 1962 por Pedro Barrié de la Maza quen llo cedeu á familia Franco, en cuxas mans continúa. A moción aprobada onte considera que este proceso foi fraudulento e supuxo un espolio para a cidade. Ademais, o texto reclama que o Concello se persoe como parte interesada no proceso xudicial que está aberto de cara a conseguir que o Pazo de Meirás volte a titularidade pública.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello da Coruña, Barroco, BNG, Pazo de Meirás

Claves

Conceptos
Lugares