O Concello da Coruña segue a dar pasos na dirección de reverter a propiedade da coñecida como Casa Cornide, declarada BIC pola Xunta o pasado ano, do patrimonio da familia do ditador Francisco Franco a mans públicas. As redaccións locais dos medios de comunicación coruñeses fanse eco do máis recente estado das iniciativas do consistorio e as súas declaradas intencións, que van no sentido da moción do grupo municipal do BNG aprobada no Pleno local en setembro de 2019 para iniciar accións legais de cara a recuperar a titularidade da Casa Cornide asà como da solicitude de diversos colectivos para a súa recuperación como inmoble público. Segundo os medios o consistorio iniciará unha revisión de oficio dos dous acordos municipais do verán de 1962 que levaron a que o inmoble de propiedade municipal fose vendido ao empresario Pedro Barrié de la Maza, persoa moi cercana ao réxime, que de xeito inmediato o vendeu á esposa do ditador, Carmen Polo. O concello solicita tamén unha revisión de oficio por parte do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes e do Ministerio de Facenda para esclarecer a conformidade coa lei vixente nese momento da desafección do palacete como ben de dominio público asà como do acto administrativo da permuta pola que o Barrié de la Maza se fixo con el. O inicio deste expediente terá que concluÃrse en seis meses e nese prazo o goberno municipal concederá audiencia aos herdeiros do ditador para recoller as súas alegacións.
O consistorio, que xa contaba cun informe histórico sobre a apropiación pola familia Franco da casa elaborado polo Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, conta agora tamén con un informe xurÃdico encargado á Universidade de A Coruña, e asinado por Carlos Aymerich, Carlos Amoedo e José Manuel Busto, que afianza a súa tese da irregular adquisición do inmoble por parte de Carmen Polo. Ademais solicitará o concello da Coruña un ditame do Consello Consultivo de Galicia sobre a nulidade dos acordos de adquisición por parte de Pedro Barrié de la Maza. Toda esta documentación conformará o expediente que se usará en vÃas xudiciais se fose necesario acudir a elas para reverter a propiedade da Casa Cornide a mans municipais. As pretensións declaradas de poñer á venda o inmoble por parte dos herdeiros do ditador vÃronse afectadas tras a protección obtida como Ben de Interese Cultural, o que obriga, entre outras cousas, a facilitar un réxime de apertura a visitas do público de catro dÃas ao mes, que agora mesmo estase a incumprir. Segundo apuntaba o informe do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses a familia Franco fÃxose co inmoble tras da manobra de permuta do concello a Barrié de la Maza, pagando un 1.200 por cento menos do seu prezo inicial. Segundo explicou Emilio GrandÃo, director do equipo de investigación, en agosto do 1962 o concello vendeu este edificio histórico a Pedro Barrié de la Maza por 305.000 pesetas e tres dÃas despois este revendeullo de xeito irregular a Carmen Polo, esposa de Franco, por só 25.000 pesetas. O propio estado fixara o valor do mesmo en 344.813 pesetas. O informe sinalaba ademais que o concello realizou obras de reconstrución na casa desde 1962 a 1976, algo que non entraba nas súas competencias, debido a que este inmoble estaba en mans privadas.