Nunha reunión convocada pola vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti SanmartÃn, e a que acudiron representantes públicos dos concellos de Pontedeume, Sada, A Coruña, da Universidade da Coruña, da Iniciativa Galega da Memoria e da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña , chegouse a o acordo de levar a cabo un informe para poñer fin á posesión pola familia Franco da propiedade do Pazo e a súa incorporación ao patrimonio público. A situación recentemente creada polo encargo á Fundación Francisco Franco da xestión das visitas ao Pazo de Meirás foi o detonante final que motivou este movemento de actores públicos e civÃs para reverter todo o estado da cuestión obrigado pola súa condición de Ben de Interese Cultural (BIC) e as posteriores declaracións por parte da entidade confirmando que Ãan utilizar este mecanismo para facer apoloxÃa do franquismo. Agás o concello de Pontedeume, representado polo deputado e alcalde Bernardo Fernández Piñeiro, os demais asistentes acordaron formar parte inicialmente dunha Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás que será a que represente a súa posición. Ademais na xuntanza acordouse tamén instar a modificación da Lei de Fundacións con obxecto de impedir a legalidade de fundacións que fagan apoloxÃa do franquismo e reclamar a aprobación dunha Lei Galega da Memoria Histórica galega que, entre outros obxectivos, impida o enxalzamento dos protagonistas da represión e inclúa as correspondentes disposicións relativas ao pazo de Meirás e á súa posta en valor asociado á recuperación da memoria historia.
Ademais da vicepresidenta, Goretti SanmartÃn e o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro, asistiron á reunión o alcalde de Sada, Benito Portela, o concelleiro de Cultura da Coruña, Xosé Manuel Sande, o vicerreitor da Universidade da Coruña, Alberto Valderruten, e os representantes da Iniciativa Galega da Memoria, Montse Fajardo, Luis Bará e Mila Bouzón, da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, Carlos BabÃo, Erik Doaño e Manuel Pérez e o investigador Emilio GrandÃo, director do proxecto Xeración Perdida da Deputación da Coruña.