A Deputación da Coruña organiza unhas xornadas sobre xestión de patrimonio cultural

Celebraranse entre o xoves 27 e o sábado 29 de abril

21/4/2023 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
30 lecturas | Compartido 0 veces

Cartel das xornadas

A Deputación da Coruña organiza a xornada "Conservar e avanzar" na que reflexiona ao redor do patrimonio cultural e da súa xestión. A xornada realizarase no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña (MUNCYT) e incluirá visitas ao dolmen de Dombate e ao castelo de Vimianzo o sábado 29. As conferencias estarán impartidas por Yamilé Pérez Guillarte (UDC) sobre educación patrimonial, Manuel Mosquera sobre a relación entre obxectos e sociedades no museo, as paisaxes culturais a cargo de Marta Somoza ou do estudo de arquitectura RVR sobre intervencións arquitectónicas no patrimonio cultural. O sábado Jorge Sanjurjo (UDC) falará sobre novas técnicas de datación para monumentos e o técnico de proxectos de Trivium, Leo González, sobre técnicas informáticas ao servizo da divulgación patrimonial. O programa inclúe visitas guiadas ao dolmen de Dombate e ao Castelo de Vimianzo.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados