Dous dos elementos patrimoniais máis coñecidos da provincia da Coruña, o Dolmen de Dombate e mais o Forno do Forte, pasarán a ser xestionados polos seus respectivos municipios. A Deputación Provincial asinaba o pasado trinta de decembro sellos convenios cos correspondentes concellos para facer efectiva a transferencia de competencias sobre estes bens. En concreto, Cabana de Bergantiños pasará a ser responsable do monumento megalÃtico, do servizo de atención a visitantes e da programación de actividades. Como novidades prevese a organización de visitas escolares e para público xeral, ademais doutras actividades no conxunto.
Pola súa banda, Malpica farase cargo da xestión do Ecomuseo do Forno do Forte de Buño, que abrirá con horarios regulares todos os dÃas da semana agás os luns e incorporará un servizo de taberna. A institución provincial dotou cada un destes convenios con 60.000 euros de financiamento, e mantén a titulariedade dos bens afectados.