Tras da licitación para a actualización da musealización no Dolmen de Dombate e o Ecomuseo Forno do Forte en Buño, a Deputación Provincial da Coruña ven de sacar adiante outra licitación na mesma liña, neste caso para as Torres do Allo, en Zas. O novo proxecto expositivo, que sae cun orzamento de 60.000 euros, ten previsto crear un itinerario no que todos os recursos expositivos estean relacionados entre si e permitan que as persoas visitantes coñezan en todo momento o uso que tiveron as diferentes estancias ao longo dos séculos e asentar no percorrido os espazos visitables. En total son 15 os espazos que serán obxecto de reformulación e, entre outros recursos, incluiranse animacións en 3D sobre a construción do pazo, narracións sobre os labores tradicionais que se desenvolvÃan en estancias como a bodega ou os fornos, audios con contos populares ou ficcións ambientadas nas Torres do Allo, e espazos especÃficos para xogos educativos e tamén para exposicións temporais.
No caso das Torres do Allo, o deputado de Patrimonio do ente provincial, Xosé Lois Penas, indica que "está previsto implementar novas fórmulas expositivas, como é a inclusión de exposicións temporais, para dar cabida ao talento artÃstico da contorna, mais tamén para promover que o público potencial se achegue a este espazo de xeito regular e non só esporadicamente". Convén lembrar, que as Torres do Allo, xunto cos terreos lindeiros, foron adquiridos pola Deputación da Coruña en 1998 e en 1999 foron declaradas como monumento Ben de Interese Cultural. A súa rehabilitación fora acometida polo arquitecto Iago Seara, recuperando o interior do pazo, que estaba completamente destruÃdo, a fachada e torres que sufriran importantes danos, asà como os hórreos e distintas construcións anexas. Unha vez rehabilitadas as edificacións, a musealización, que fora levada a cabo a partir do 2005, correra a cargo de Joán Santacana.