Vimianzo acolle unha xornada para actualizar o coñecemento sobre a Idade do Ferro

Celebrarase entre o 28 e o 30 de setembro de 2012

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Baixo o título de "Que sabemos dos castros? Xornadas sobre investigación, didáctica
e comunicación da Idade do Ferro", o concello de Vimianzo presentou o venres estas xornadas de reflexión e divulgación. O evento, baixo a dirección do arqueólogo Ángel Concheiro, tenta actualizar e poñer en común os últimos coñecementos ao redor da Idade do Ferro en Galicia a través de múltiples enfoques. As xornadas celebraranse entre o 28 e o 30 de setembro de 2012 en Vimianzo e acollerán ponencias sobre arquitectura castrexa, sobre a relación entre os poboados galaicos e o seu contorno, ou sobre estratexias de divulgación e difusión ao redor da época.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Un sol alumea nas Barreiras

Un sol alumea nas Barreiras

A segunda campaña arqueolóxica no castro vimiancés permite coñecer máis sobre o carácter e o final dun asentamento da Idade do Ferro

Castrexos fóra dos castros

Castrexos fóra dos castros

O arqueólogo Ángel Concheiro identifica en Riós (Ourense) un excepcional sitio arqueolóxico da Idade do Ferro

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Idade do Ferro, Arquitectura, Concello de Vimianzo, Arqueoloxía