Dúas xornadas debaten sobre a vida castrexa

Vimianzo acolle esta fin de semana as Xornadas sobre investigación, didáctica e comunicación da Idade do Ferro

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Vimianzo esta fin de semana, e Cambre o vindeiro, acollen cadansúas xornadas dedicadas ao mundo castrexo. En Vimianzo, investigadores galegos, portugueses e españois debaterán cuestións como a pluralidade dentro do mundo castrexo, a organización e construción dos poboados ou a relación dos seus habitantes co medio, entre outros temas. As Xornadas sobre investigación, didáctica e comunicación da Idade do Ferro desenvolveranse entre hoxe e o domingo na Casa da Cultura local.

En Cambre, pola súa banda, os vindeiros 6 e 7 de outubro celebran as X Xornadas Castrexas que se centrarán este ano no depósito de Pedra Furada e mais no traballo de investigación arqueolóxica da Torre dos Mouros, en Carnota.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vimianzo, Idade do Ferro, Cambre, Casa da Cultura...