
Primo RodrÃguez, Rakele Cavallo e Doc Toy, a render homenaxe a figuras como Manuel Rivas, Castelao, Evaristo Martelo e o campo da feira de Piroga. As obras realizaranse de xeito colaborativo co público interesado en participar. O programa conta tamén con xornadas dedicadas á cultura urbana, a incluÃr un concerto de Tiam Gz e unha xornada con obradoiros de tatuaxe, skate, rap, breakdance, parkour e o pintado de bolsas de tea.
A literatura, a narración oral e o teatro protagonizan o programa a partir do 4 de setembro, cunha feira de librarÃas, clubs de lectura, presentacións literarias e encontros con figuras destacadas da escena literaria. Manuel Rivas, Pedro Feijoo, Ledicia Costas, Pablo Rivero, Amets, Rebeca Stones, Patricia Blanco, Guadalupe Vázquez, MarÃa Canosa, Alba Mancebo, Manuel Rial, Alberto Mancebo e Manuel Gago participan destes encontros.
A isto súmanse espectáculos de Paco Nogueiras, Vero Rilo, Ghazafelhos, Mago Teto, Avelino González ou Tanea Caamaño. O domingo dÃa 7 realizarase unha representación da Historia Dramatizada do Castelo, canda á charla "Escribir na Costa da Morte" con Manuel Rivas. Para o 11 de setembro poderá verse a obra teatral Castelao, de Culturactiva Producións.