Os escritores abordan os retos do futuro no seu VI congreso

A literatura dramática, a lusofonía ou a oralidade abordaranse en diferentes grupos de traballo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Os escritores abordan os retos do futuro no seu VI congreso

Pontevedra acollerá o vindeiro 26 de setembro a VI xeira do Congreso de Escritoras-es da AELG. Desta volta, a asociación de escritores convoca baixo o epígrafe Para que(n) escribimos o futuro? un total de seis grupos de traballo que abordarán diferentes cuestións temáticas. Os dereitos de autoría e a profesionalización, a oralidade como soporte literario, o futuro da literatura dramática, as novas formas de edición, a lusofonia oportunidade ou a formación de lectores/as serán os eixes que vertebrarán este encontro. Ademais, a sesión inclúe co presentación do novo web da AELG e unha sesión conxunta. Unha actuación do grupo Xardín Desordenado pechará o encontro.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Literatura, Lusofonía, Pontevedra...