Abre a inscrición da vindeira xeira do congreso Rosalía no Século XXI

As conexións internacionais centrarán a sesión do vindeiro 30 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Os interesados en participar na vindeira sesión do Congreso Rosalía de Castro no Século XXI teñen xa aberta a inscrición no web do Consello da Cultura. A sede desta entidade en Compostela acollerá o vindeiro 30 de maio a nova xeira deste encontro, que se desenvolverá baixo o epígrafe Rosalía no contexto internacional: Paralelismos e influencias; difusión e actualidade. A proxección exterior da obra da poeta, a relación co canon literario do seu tempo ou os modelos estéticos do seu traballo no contexto europeo son algunhas das cuestións que se debaterán na sesión.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela