A hermenéutica centra a terceira xeira de Rosalía de Castro no Século XXI

O Consello da Cultura acollerá o encontro o vindeiro xoves 25

22/4/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O congreso Rosalía de Castro no Século XXI celebrará este xoves 25 de abril a súa terceira xeira no Consello da Cultura Galega, en Compostela. O evento, coordinado por Anxo Angueira, ten como lema Cara a unha interpretación global de Rosalía: hermenéutica, fontes e edición. A edición da obra de Rosalía, a necesidade dunha interpretación integral da obra da poeta ou a pegada do gótico e o romanticismo no traballo da autora son algúns dos temas que se abordarán no encontro, que ten aberta a inscrición.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Anxo Angueira, Consello da Cultura Galega