Cultura recupera o proxecto Rosalía 21 para o aniversario da poeta

Abe Rábade Quartet, Anxo Angueira, Guadi Gallego e Uxía Senlle actuarán en Compostela o día 24

16/2/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O vindeiro 24 de febreiro cúmprense 173 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Para o conmemorar, a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura organizou, ás 20 horas, un concerto no Salón de Teatro de Compostela co título Homenaxe a Rosalía. O evento contará coa presenza do Abe Rábade Quartet, Anxo Angueira, Guadi Galego e a participación especial de Uxía Senlle, que interpretarán os temas do disco Rosalía 21, editado por Falcatruada, e que recupera en clave de jazz textos clásicos desta autora. A obra xurdiu como un proxecto multimedia que fixo parte da representación galega na Feira do Libro da Habana en 2008.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Uxía Senlle, Abe Rábade, Uxía Senlle, Anxo Angueira...