A conmemorar o centenario do monumento á poeta de Padrón na súa Alameda, a cidade de Santiago acolle os vindeiros 29 e 30 de xuño o primeiro Festival RosalÃa. A Deputación da Coruña promove este evento que, coa escritora transformada en superheroÃna como imaxe, consistirá nunha gala no Teatro Principal da capital galega e nun mercado rosaliano. No primeiro dos actos Abe Rábade e Nastasia Zürcher, Najla Shami, UxÃa Senlle con Sérgio Tannus e Santi Cribeiro, Xiana Lastra e Andrea Porto porán música aos versos da autora na noite do dÃa 29. A poesÃa virá da man de Anxo Angueira, Cesáreo Sánchez Iglesias, Marta Dacosta e RosalÃa Fernández Rial. Na segunda xornada do festival a praza de Cervantes acollerá ao longo do dÃa o Mercado Rosaliano, un encontro no que vinte empresas presentarán os produtos que elaboran coa imaxe da poeta. Cuncas, camisolas, cervexa, sacas ou libros estarán á venda amenizados pola actuación musical de Habelas Hainas e os tÃteres de Larraitz Urruzola. O Concello de Santiago de Compostela, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e a Fundación RosalÃa de Castro colaboran neste programa.