Quen merque un libro en galego desde este martes, 6 de febreiro, ata o 3 de marzo nalgunha das librarías de Galicia recibirá un agasallo para conmemorar o aniversario de Rosalía de Castro (23 de febreiro), unha data reivindicada como cita imprescindible da cultura galega. A casa de Rosalía e a Fundación Xistral poñen en marcha este ano, en colaboración coa Xunta de Galicia, unha campaña que ademais de celebrar á autora sirve de promoción do libro e a lectura en galego e na que se pretenden repartir 20.000 exemplares da escolma "Celebrarmos Rosalía", composta por textos da autora nunha edición feita por Anxo Angueira.
Ademais diso prepáranse actos oficiais nos concellos de Santiago de Compostela e Padrón e a Fundación Rosalía de Castro volve chamar á sociedade galega a celebrar o Día de Rosalía lendo a súa obra e comendo un Caldo de Gloria, como o que a autora describe no poema "Miña casiña, meu lar". Desde a casa de Rosalía tamén fan un chamamento a participar nesta conmemoración, celebrando a Alborada para Rosalía, saíndo na mañá do 23 de febreiro a tocar ás rúas, camiños, prazas "ou lugares simbólicos para botar unha peza na honra de Rosalía". O proxecto foi presentado esta mañá en rolda de prensa, canda toda a programación do Día de Rosalía. Nela participaron o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira; o responsable da Fundación Xistral, Carlos Blanco; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o alcalde de Padrón, Anxo Arca; e os representantes da Asociación de Gaiteiros, Gustavo Couto e Olimpio Xiraldez. O programa completo, con toda a información necesaria para levar a cabo calquera accións conmemorativa está dispoñible no web da Casa de Rosalía.