O 24 de febreiro de hai 172 anos nacÃa RosalÃa de Castro. A comemorar a data, esta semana multiplÃcanse na axenda os actos de homenaxe á poeta de Padrón. Deste xeito, o xoves 26 de febreiro ás 21 h o Teatro Principal de Compostela acolle a actuación do proxecto RosalÃa 21 que xunta os versos da poeta con música de jazz. Un audiovisual e mais un libro no que diferentes creadores e investigadores reflexionan sobre esta figura histórica das nosas letras completan as propostas da ConsellarÃa de Cultura. Pola súa banda, a Fundación RosalÃa presenta xoves en Padrón o libro Quen casa ten de seu. Contos na casa de RosalÃa que reúne diferentes creadores e ilustradores do panorama actual. Un recital poético, tamén na Casa da Matanza, completará venres os actos de homenaxe.