A Casa Museo RosalÃa de Castro, en Padrón, acollÃa na mañá deste dezaoito de xaneiro unha xuntanza na que se acordou mudar a data de celebración anual da poeta. A partir deste mesmo ano, o DÃa de RosalÃa celebrarase cada vinte e tres de febreiro, data real do nacemento da autora, e non o vinte e catro como se viña facendo ata o de agora. A investigadora Sagrario Abelleira daba conta o pasado outono da nova efectiva na que veu ao mundo a poeta ao revisar o seu expediente matrimonial.
A Asociación de Escritores en Lingua Galega, a AS-PG, Nova Escola Galega, a Asociación de Gaiteiros, a Xunta de Galicia, os concellos de Padrón e Compostela e mais Deputación da Coruña estiveron presentes neste encontro, coordinado pola Fundación RosalÃa e coa presenza da propia Abelleira.
Ao remate da xuntanza, a Fundación chamou á sociedade galega a se sumar, como está a facer cada ano, a esta celebración. Lecturas de textos, a elaboración do Caldo de Gloria e moitas outras propostas chegadas desde o ámbito educativo e cultural son xa habituais nesta homenaxe.