
Pola súa banda a Asociación de Escritores en Lingua Galega, co lema #mobilizarosalÃa está a convocar a actos por todo o paÃs xa desde datas previas á celebración. O acto central celebrarase xa o domingo 21 cunha homenaxe no Panteón de Galegos Ilustres antes a tumba da autora. Noutros lugares de Galicia programaranse obradoiros e lecturas públicas da autora, mentres para o ensino promóvese que os alumnos envÃen postais e participen nun envÃo masivo do verso "Trocando en sonrisas / queixiñas e choros" a través das redes sociais.
Desde a Fundación RosalÃa anuncian para este sábado 20 o comezo das súas actividades para a conmemoración cun concerto de Canto DÂ’Aqui e unha conferencia sobre a relación de Galicia e Portugal. Para o dÃa 26 multiplÃcanse as propostas cunha Alborada e ofrenda floral en Compostela, outro acto en Padrón e un concerto de XardÃn Desordenado na vila do Sar. Para o dÃa 25 as actividades chegan ata Braga, onde Anxo Angueira participará nun Coloquio sobre RosalÃa, Portugal e Galicia e asistirá a unha actuación de Roi Casal.