A investigadora Sagrario Abelleira presentou os resultados dunha investigación realizada durante este ano, no que puido acceder ao expediente matrimonial de RosalÃa de Castro e Manuel MurguÃa, conservado no Arquivo Histórico Diocesano do Arcebispado de Madrid. Ata o momento unicamente se coñecÃa a acta matrimonial. No expediente, cun total de 43 folios, figuran importantes datos que achegan claves para a época máis descoñecida da vida de RosalÃa, a súa infancia e mocidade. Para comezar, que a autora naceu o 23 de febreiro de 1837 e non o 24, como se consideraba ata agora. Pero o expediente permite confirmar información que ata o momento figuraba borrosa, como o recoñecemento de RosalÃa como filla natural pola nai Teresa de Castro cando RosalÃa tiña seis anos. De feito, na partida de bautizo do 24 de febreiro de 1837 do Hostal dos Reis Católicos, RosalÃa de Castro figuraba como "filla de pais incógnitos". Os documentos permiten tamén saber dalgunhas residencias de RosalÃa de Castro en Madrid non coñecidas ata agora.