A AELG reclama a creación "á maior brevidade" do Instituto Rosalía de Castro

Os escritores lerán un manifesto en diferentes cidades do país conmemorando o Día de Rosalía

24/2/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: literatura
21 lecturas | Compartido 0 veces
"Nestes días escuros para nós...". Así comeza o manifesto no Día de Rosalía que realizou a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), e ao que se dará lectura nas principais cidades do país. O manifesto insta ao goberno autonómico a que "á maior brevidade cree o Instituto Rosalí de Castro para que a nosa cultura sexa posta en valor dentro e fóra da Galiza". O Día de Rosalía conmemora que tal día coma hoxe, en 1837, naceu a poeta Rosalía de Castro en Compostela.
Horarios de presentación do Manifesto (Contido do web da Asociación de Escritores en Lingua Galega, A Coruña, 18.00 Monumento a Curros Enríquez. Coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña. Lugo, 18.00 Rúa Nóreas, a carón da casa que fai esquina con Rúa San Pedro, onde viviu ROSALÍA DE CASTRO entre 1864 e 1868. Hai unha placa indicativa. Santiago, 17.30 Onde a estatua de Rosalía, no Paseo da Ferradura Vigo, 19.00 Nº 12 da Rúa Real, onde a tipografía de Juan Compañel Coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Vigo Ferrol, 18.00 Praza do Himno Galego Pontevedra, 18.00 Na estatua de Castelao, onda o Museo de Pontevedra

Universo culturagalega.gal