Os escritores propoñen agasallar un libro e unha flor para o Día de Rosalía

Desde a AELG trasladan propostas para o 24 de febreiro e un manifesto a cargo de María Reimóndez

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaSociedade
Compartir:
Cartel conmemorativo para o Día de Rosalía

Cartel conmemorativo para o Día de Rosalía

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) ven de trasladar as súas propostas á sociedade para a celebración do Día de Rosalía de Castro así como o manifesto da asociación para esta conmemoración que será obxecto de lectura pública en actos por todo o país. Ao xeito do San Jordi catalán a entidade suxire para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, que se agasalle un libro en galego e unha flor. Os escritores farán o acto central deste día no Panteón de Galegos Ilustres en Santiago e promoverán actos polo resto do país nos que se dará lectura a obra da poeta así como ao manifesto da AELG preparado para a ocasión pola escritora María Reimóndez con título "Abride a fiestra" e no que fai un chamamento á vixencia da voz de Rosalía de Castro nos tempos actuais.

Para expandir o poder da palabra rosaliana entre a xente nova, a AELG convida a celebrar o Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino con accións colectivas de difusión da súa obra. Ademais a asociación seguirá solicitando aos plenos dos concellos, como ven facendo desde o ano 2011 que os concellos declaren o 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro, e así o fixeron ata o de agora máis de cincuenta entidades locais, número que agardan aumentar cada ano a base de facer chegar aos plenos unha moción neste sentido solicitándolles que recollan esta celebración nas súas programacións culturais.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Manifesto, Día de Rosalía, María Reimóndez...