
O Concello de Santiago, pola súa banda, presentou o pasado 18 de febreiro o libro Espazos de RosalÃa en Compostela. Na publicación, que ve a luz en colaboración coa Asociación Cultural O Galo, Mercedes Espiño repasa unha vintena espazos da capital galega vencellados á biografÃa da poeta. A obra, de 190 páxinas, conta cun mapa que facilita desenvolver unha ruta por estes lugares e está documentado con abondosas fotografÃas e textos. Nesta mesma liña, O Galo celebra o dÃa 27 un roteiro rosaliano pola cidade guiado polo investigador Francisco RodrÃguez.
En fase aÃnda inicial, a profesora Rosa GarcÃa está a desenvolver unha proposta educativa arredor da autora co proxecto A Rosa Incandescente. Unha curtametraxe, unidades didácticas e propostas de divulgación sobre a autora pretenden achegar a súa figura desde as súas propias palabras. Está xa na rede o primeiro dos vÃdeos que fan parte desta iniciativa.
De cara a consolidar esta conmemoración cada 24 de marzo, a AELG reclamoulle ao Parlamento que declare de xeito oficial a celebración do DÃa de RosalÃa nesta data. Segundo recolle Nós Diario, a entidade considera que a oficialización facilitará a participación do conxunto da sociedade nestas homenaxes, e reclámalle á cámara galega que se implique nas celebracións con actos propios.