Un ano máis, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) celebra neste mes de febreiro o Día de Rosalía de Castro. Para a edición de 2023 a ensaísta, doutora en filosofía e política galega Carme Adán (Donostia, 1966) foi a persoa escollida para a redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, o sábado 25 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela. O texto será tamén lido en todos os actos promovidos pola AELG, así como nos organizados por outras entidades que se sumen ás propostas que a entidade remite a concellos, asociacións e centros de ensino.
Baixo o título "Cumpriuse a xustiza", que tamén é o proposto para ser o utilizado nas actividades nos centros de ensino como lema e etiqueta (#cumpriuseaxustiza), Carme Adán sinala a vixencia e importancia da palabra e o ollar de Rosalía de Castro para seguira acompañarnos e cuestionarnos a situación do mundo contemporáneo ao noso redor. "Rosalía ensínanos a mirar e a escoitar. É unha guía, por momentos unha amiga ou unha camarada, que nos acompaña entre poemas, novelas e ensaios para superar a banalidade ética do noso tempo. As súas palabras dan existencia a un mundo de inxustizas e opresións contra as mulleres, os pobres, a lingua galega ou os migrantes. O seu narrar é a escoita do noso mundo. En cada verso xorde unha interpelación para nós: que ou quen permite e lexitima as desigualdades, as vulnerabilidades impostas, as guerras, as violencias, os corpos esquecidos e desposuídos de valor", dío manifesto, que xa está accesible a través da AELG.