
De xeito similar, na noite do venres 23 o Teatro Colón da Coruña acollerá a Gala RosalÃa de Castro, un evento que mestura música, da man de Abe Rábade xunto con Nastasia Zürcher, Najla Shami, Santi Cribeiro, Xiana Lastra con Andrea Porto e Tempo Catro; e mais poesÃa recitada por parte de Anxo Angueira, Cesáreo Sánchez Iglesias, Marta Dacosta e RosalÃa Fernández Rial.
Finalmente a Fundación RosalÃa preparou tamén unha programación especial para a semana. Como eixe deste ano, a entidade apostou pola gastronomÃa e convida a facer e degustar un Caldo de gloria, receita baseada nun dos poemas da autora. Locais de hostelarÃa ofertarán o 24 de febreiro este prato como tapa e convÃdase a usuarios de redes sociais a compartir imaxes e impresións da súa experiencia co mesmo cos hashtags #CaldodeGloria #DÃadeRosalÃa.
Ademais, os dÃas 23 e 24 relizaranse homenaxes florais á autora en Padrón e Compostela e na propia sede da Fundación acollerá o dÃa 24 un concerto do TrÃo RosalÃa e unha degustación do caldo preparado por Pepe Solla.