Continúan as presentacións de propostas para conmemorar, o vindeiro 23 de febreiro o Día de Rosalía de Castro. A Fundación que leva o nome do poeta e mais a Xunta de Galicia deron a coñecer, este día 17, as súas programacións para a efeméride do 186 aniversario do nacemento da autora.
Artellados entre Compostela e Padrón, estes actos oficiais inclúen a lectura de poemas diante da estatua da poeta nesta última vila, unha alborada e ofrenda floral en Compostela e, a mediodía, o acto central no Hostal dos Reis Católicos, na Praza do Obradoiro. Este espazo acollerá "unha lectura de poemas seguida dunha actuación dos Carapaus, que tocarán acompañados de Estela Pereira e Lía Ferrer, alumnas da Escola Municipal de Música de Santiago", segundo informan as entidades.
Como é habitual, o programa conxunto inclúe propostas participativas como a o Caldo de Gloria, que elaborarán máis de 200 establecementos hostaleiros e 70 comedores escolares a seguir a receita indicada pola autora. Nesta xeira súmanse a esta homenaxe a Casa-Museo de Curros Enríquez, en Celanova, e na Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso, onde tamén se elaborará o prato.
A Casa Museo de Rosalía presentou tamén, este 17 de febreiro, unha novidade para a visita virtual a este espazo. Trátase dun avatar de Maruxa Villanueva en 3D, a actriz galega que durante trinta anos coidou a Casa de Rosalía e guiou as visitas á mesma. O proxecto, que a entidade reivindica como pioneiro a nivel mundial, foi desenvolvido pola empresa galega Orestes Comunica.
Tamén en Compostela, a Deputación da Coruña e mais o concello programaron unha nova edición do Festival Rosalía. Este evento desenvolverase os vindeiros días 24 e 25 a achegar concertos, paseos literarios, un faladoiro, exposicións de traballos escolares e unha feira de produtos rosalianos. Co lema O galego é o noso superpoder, a proposta inclúe actuacións de Marina Oural con Ugia Pedreira, Larraitz Urruzola, Os Quinquilláns ou Soledad Felloza. Un paseo literario a cargo de Mercedes Espiño, un recital con Andrea Nunes, Ánxela Lema, Lucía Aldao e Diana Kurich, outro recital musicado de Faia, un faladoiro a cargo de María Xesús Lama, Carme Adán e María Reimóndez, e concertos de Adhara&Rhitman e O Val das Mouras completan o programa.
Desde a Deputación de Pontevedra, pola súa banda, súmanse á celebración cun programa no que colabora coa Casa de Rosalía e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Deste xeito, os días 23 en Pontevedra e 24, en Vigo, desenvolverase unha lectura do manifesto elaborado para a data e repartiranse nesta data camelias e exemplares dos libros da Colección Cíes de poesía. Un recital multidisciplinar, a integrar música, poesía e ilustración, a cargo de Marcos Escudero, as poetas Alba Cid e María Lado e as intérpretes Margarida Mariño e Alba Barreiro fechará os eventos nas dúas localidades.
Ademais, plantarase nos xardíns anexos ao Pazo da Deputación, en Pontevedra, unha figueira que descende da que se conserva na Casa Museo da autora. O proxecto complétase con concursos e visitas escolares e coa exposición Nasín cando as prantas nasen. O herbario de Rosalía que se poderá ver na sede do organismo provincial a partir de abril.