Un acto literario conmemora os 124 anos do pasamento de Rosalía

A Casa da Matanza acolle a celebración ás oito da tarde

15/7/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura

Coma cada ano, a Fundación Rosalía de Castro organiza a conmemoración do anviersario da morte da autora que lle da nome. Hoxe, cando se fan 124 anos daquel pasamento, a Casa da Matanza en Padrón acolle a partir das oito da tarde un acto literario en homenaxe. No evento presentarase o libro Poetas con Rosalía IV, haberá un recital poético e mais unha actuación musical e Xesús Alonso Montero impartirá a conferencia Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xesús Alonso Montero, Rosalía de Castro, Ramón Piñeiro, Morte...