Os 169 anos de Rosalía celébranse en Compostela cunha ruta artístico-literaria mentres se suceden os actos de homenaxe

Moitas Rosalías

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Os lugares de Compostela que tiveron que ver coa vida de Rosalía de Castro serán escenario mañá dos actos de Rosalías. Este programa, que quere conmemorar o aniversario da poeta, está organizado pola Consellaría de Cultura e contará con actuacións de poetas, artistas plásticos, actores e cantantes. Ao tempo, a Casa da Matanza, en Padrón acollerá unha nova edición dos Diálogos na Casa de Rosalía, que organiza a Fundación que leva o nome da autora. Ao tempo, o PEN Clube de Galicia daba a coñecer esta mañá os galardoados cos premios Rosalía de Castro 2006. Isabel Allende, Josep Palau i Fabr, Arantxa Urretabizkaia e Agustina Bessa Luís foron os recoñecidos polas súas traxectorias literarias.

Máis información en Galicia Hoxe e no web da Fundación Rosalía

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Galicia Hoxe, PEN Clube, Casa de Rosalía...