A Deputación da Coruña financia o Centro de Estudios Rosaliano

Cantares con cartiños

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Centro de Estudios Rosaliano contribuirá á difusión da figura de Rosalía no estranxeiro coa publicación de obra en castelán e inglés. E así o fixeron público no acto que se celebrou este domingo en Padrón na Casa-Museo de A Matanza. Un acto que pretendeu conmemorar o 116 aniversario do pasamento de Rosalía. Pero non é o único acto que se celebra estes días sobre a autora de "Cantares gallegos" xa que desde hoxe o seu nome preside un parque en Barcelona.


Cartos para o Centro de Estudios Rosaliano

O presidente da Fundación Rosalía de Castro, Agustín Sixto Seco, asegurou onte que o Centro de Estudios Rosalianos conta, desde onte, cun impulso definitivo. E ese pulo chega da man da Deputación da Coruña, que segundo asinaron onte nun convenio, doará cinco millóns de pesetas á Fundación Rosalía de Castro. Aínda que a partida presupostaria tiña como cometido a mellora da casa museo, o presidente da fundación, aclarou que se destinarán ó centro de estudios, para que poida realizar dun xeito normalizado as súas actividades. Uns actos que dirixe o profesor Xesús Alonso Montero.
Por outra banda, a institució ten paradada unha antoloxía en castelán preparada por Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes.


Actos

O principal acto conmemorativo do pasamento de Rosalía de Castro tivo lugar onte na casa-museo de A Matanza en Padrón. Un acto habitual todos os 15 de xullo en Padrón no que se concentran estudiosos e admiradoras da figura e da obra de Rosalía de Castro. E menos habitual, pero non por iso menos significativo, foi o acto que tivo lugar en Barcelona. Alí, o concello de Sant Andreu de la Barca acaba de inaugurar un parque que leva o nome da poetisa galega. O acto, que tivo lugar esta mañá contou coa presencia do alcalde da localidade catalana, o director xral de Cultural da Xunta de galicia e Teresa García Sabell, concelleira de cultura de Santiago.

Máis novidades noutros aniversarios

O 15 de novembro a Fundación Rosalía de Castro cumple 150 anos. Un aniversario que vai a celebrar dun xeito especial, coa publicación da "Historia das Misas de Rosalía".
Por outra banda, a Fundación tamén ten previsto organizar un acto que conmemore o 150 nacemento de Curros Enríquez, que se celebra o 15 de setembro. Por ese motivo ten preparado un opúsculo de 14 páxinas "Curros Enríquez canta a Rosalía"

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña, Padrón, Cantares Gallegos, Barcelona...