Literatura e patrimonio marítimo homenaxean a Rosalía

Unha ducia de dornas participarán mañá no acto Que inchadiña branca vela

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Fundación Rosalía de Castro e mais a Asociación Dorna da Arousa, en colaboración co Concello de Padrón organizan mañá o acto Que inchadiña branca vela. Unha ducia de dornas remontarán mañá, 24 de xullo a partir das 15 horas, o río Ulla ata Padrón en homenaxe á poeta. Alí ondearán velas diante da estatua de Rosalía no Espolón, onde realizarán unha ofrenda floral e haberá un recital de música tradicional. De xeito paralelo, os xardíns da Casa da Matanza acollen xa desde o pasado día 15 unha destas embarcacións aparelladas. A conexión entre literatura e patrimonio marítimo está nuns versos de Cantares Gallegos nos que a poeta fala das embarcacións que percorren o Ulla e mais o Sar.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Ulla, Padrón, Rosalía de Castro...