"Abride a fiestra que quero ver o mar" disque foron das últimas palabra de RosalÃa de Castro esa desde o seu leito de morte na Casa da matanza en Padrón. Esa última vontade de liberdade e apertura é agora a que dá nome a un festival moi especial que esta fin de semana entra con forza na axenda de verán. A través da música, poesÃa, teatro, movemento e reflexión e Fundación RosalÃa ofrece un programa para os dÃas 13, 14 e 15 para celebrar a RosalÃa e facela viva no verán galego. O festival Abride a fiestra comeza o venres 13 xusto a carón do Mar coa inauguración da mostra RosalÃa en Carril, no Museo do Ferrocarril desta localidade, recitado e dramatización poéticas e mais concerto a cargo de Najla Shami; á que seguirá o sábado 14 a Inchadiña Branca Vela, a xa tradicional subida en dorna a vela desde Valga a Padrón organizada en colaboración coa Asociación Cultural Dorna da Illa da Arousa, posteriormente na Praza de MacÃas haberá un concerto a cargo de Habelas Hainas; e o dÃa grande o domingo 15, data do pasamento de RosalÃa de Castro, coa xornada de portas abertas RosalÃa en Festa na Casa Museo, con concertos, proxección de filmes, poesÃa, regueifa e feira de produtos rosalianos e visitas guiadas por persoeiros e especialistas rosalianos. Un concerto de Mercedes Peón porá o punto final a este festival.