Abride a Fiestra volve encher a Casa de Rosalía de actividades

O festival inclúe concertos, charlas e propostas para todos os públicos este domingo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Abride a Fiestra volve encher a Casa de Rosalía de actividades

O festival Abride a fiestra celebrará este domingo, 13 de xullo, unha nova edición na Casa Museo de Rosalía de Castro, en Padrón, nun ano no que se suma á homenaxe das Letras Galegas deste ano ás cantareiras e á cultura popular galega. Unha vintena de actividades terán lugar, durante once horas seguidas, e abrangue visitas guiadas, concertos, presentacións, coloquios, xogos tradicionais e actividades para todos os públicos, que terán a Rosalía como figura central. O cartel musical inclúe nomes como Gloria Pavía & Rafa Morales, De Ninghures, Paco Nogueiras e Canto d’Aqui. Nas charlas tomarán parte figuras do eido cultural como Mercedes Peón, Ana Fernández, Ana Romaní, Susana Aríns, Andrea Nunes e Berta Dávila.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Casa de Rosalía, Ana Romaní, Gloria Pavía, Andrea Nunes...