Os vindeiros 13 e 14 de xullo a Casa Museo RosalÃa de Castro, en Padrón, acollerá a segunda edición de Abride a Fiestra. Este encontro cultural arredor da figura da poeta. Cristina Pato con Roberto Comesaña, Davide Salvado, Ugia Pedreira, Secho, Paco Nogueiras e a Coral de Padrón correrán coa parte musical do evento. Un recital poético colectivo a cargo de Taha Adnan, Serge Meurant, Ramón Neto, Xavier Queipo, Chus Pato ou Yolanda Castaño, visitas guiadas da man de Pedro Feijoo, Pepe Barro, Xosé Ramón Barreiro, Francisco RodrÃguez, Carlos Dacal e Olga Novo, presentacións de libros, a proxección do filme Contou RosalÃa de Zénit TV, dramatizacións e outras actividades completan un programa que inclúe propostas para todos os públicos.
O festival que organiza a Fundación RosalÃa de Castro, co apoio da Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e o Concello de Padrón, "pretende abranguer todo o que aconteceu arredor de RosalÃa e da cultura galega no último ano, facendo especial fincapé na cultura local e nas propostas emerxentes". O evento celebrase con motivo do aniversario do pasamento de RosalÃa o 15 de xullo. Nesa xornada desenvolverase unha ofrenda floral no cemiterio de Adina.