O festival Abride a fiestra celebra a literatura galega actual

Celébrase o 15 de xullo na Casa de Rosalía

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O festival Abride a fiestra celebra a literatura galega actual

Recitais, conversas, espectáculos e visitas guiadas para diferentes públicos compoñen o groso da programación do festival Abride a fiestra 2023, este 15 de xullo. Con el a Fundación Rosalía de Castro celebra a poeta no verán. No festival participarán artistas como Antón Reixa, Aldaolado, Ce Orquestra Pantasma, Xurxo Souto ou Xisco Feijoo. Haberá tamén conversas literarias con Xosé Luís Axeitos, Henrique Rabuñal, Belén López, Moncha Fuentes ou Olga Novo. A xornada rematará ás 23.15 observando a estrela Rosalía de Castro da man da Agrupación Astronómica Ío.

Que che parece esta nova?
106 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Literatura, Casa de Rosalía, Henrique Rabuñal...