Estrelas do folk galego reúnense en Rústica

Cristina Pato, Davide Salvado, Anxo Pintos e Roberto Comesaña participan no proxecto

3/2/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Da man de Cristina Pato, que buscaba un reencontro coa música do país cando cumpría quince anos de carreira, naceu Rústica. O disco que presenta agora Fol Música reúne a gaiteira e pianista con Davide Salvado, Anxo Pintos e Roberto Comesaña para interpretar cancións nos que a voz, a percusión, a gaita o acordeón e a zanfona toman o protagonismo. En total, o cuarteto gravou oito temas tradicionais, varios deles acompañados de letra de autor, nos estudios vigueses Ultrasónica. O disco sae á venda o vindeiro 10 de febreiro.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cristina Pato, Davide Salvado, Folk

Claves

Conceptos