A 59ª edición dos premios estadounidenses da industria musical, os Grammy, tocou en parte á cultura galega a través da pianista e gaiteira Cristina Pato. A artista ourensá, como parte do Silk Road Ensemble que acompaña ao violinista Yo-Yo Ma, acadou o galardón na categoría Mellor Álbum de World Music polo disco Sing Me Home, no que ademais están como artistas convidados outros músicos do país que participan dun dos temas do diso. Davide Salvado, Anxo Pintos e Roberto Comesaña tomaron parte na gravación do tema Cabaliño. Pola contra non se conseguiu o outro premio ao que optaba o este Ensemble, o de Mellor Filme Musical polo documental The Music of Strangers: Yo-Yo Ma and the Silk Road Ensemble, parte do cal foi gravado seguindo á artista polas terras galegas e con participación de outros músicos do país.
Cristina Pato, xunto co seu compañeiro do Silkroad Shane Shanahan, impartirá clases durante este semestre no Departamento de Música da Universidade de Harvard, dentro do programa The Blodgett Distinguished Artist in Residence. A ourensá estará ensinando no Departamento de Etnomusicoloxía nun novo curso chamado Performing Musical Difference: Case Studies from the Silk Road Project.