Cristina Pato finalista en dúas candidaturas aos Grammy co Silk Road Ensemble

Competirá nas categorías de mellor filme musical e mellor disco de World Music

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

As candidaturas aos prestixiosos premios da música do mercado estadounidense, os Grammy, trouxeron este ano na súa 59ª edición, dúas candidaturas nas que estará presente a ourensá Cristina Pato. A gaiteira e pianista optará, como parte do Silk Road Ensemble que acompaña ao violinista Yo-Yo Ma a dous galardóns: Mellor Álbum de World Music polo disco "Sing Me Home" e Mellor Filme Musical polo documental The Music of Strangers: Yo-Yo Ma and the Silk Road Ensemble, parte do cal foi gravado seguindo á artista polas terras galegas e con participación de outros músicos do país. Non é a primeira vez que a gaiteira e pianista está presente nos Grammy , xa no ano 2010 Pato foi partícipe doutro galardón que acadou na súa colaboración con Yo-Yo Ma no disco Yo-Yo Ma and Friends: Songs of Joy and Peace que gañou o Grammy ao Mellor Álbum Clásico de Colaboracións (Best Classical Crossover Album). A gala de entrega dos premios terá lugar o vindeiro 12 de febreiro en Los Angeles.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cristina Pato, Documental

Claves

Protagonistas
Conceptos