O ourensán Daniel Minimalia faise cun Grammy Latino

O seu álbum Terra recibiu o galardón ao mellor traballo instrumental

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O ourensán Daniel Minimalia faise cun Grammy Latino

O músico ourensán Daniel Minimalia conseguiu o triunfo nos XXI Premios Grammy Latinos. Na gala destes galardóns internacionais, que se celebrou na noite deste 19 de novembro en Miami, o seu álbum Terra revelouse como mellor traballo instrumental do ano. Minimalia, que xa optara a este premio en 2017, lanzou en abril deste 2020 o seu novo disco coa discográfica Larrosa, a afondar na súa exploración da world music e a incorporar aires de Sudamérica ás súas composicións. Como novidades no álbum, o músico integrou por vez primeira voz a algún dos seus temas ademais de contar con colaboracións musicais, xa que ata o momento era o propio Minimalia o responsable de todas as interpretacións dos seus traballos.

O ourensán competía nesta categoría con Leo Amuedo, Caetano Brasil, Compasses e Yamandu Costa con Marcelo Jiran. Estes premios estadounidenses recoñecen os mellores traballos musicais en español e portugués do ano.

Flor de leyenda, primeiro single de Terra

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sudamérica, Portugués, Brasil, Medios de comunicación...