Daniel Minimalia opta a un Grammy Latino por Origen

A gala da 18 edición destes galardóns celébrase o 16 de novembro

9/10/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Origen, o último disco do ourensán Daniel Minimalia, é a única representación galega na 18 edición dos Premios Grammy Latinos. O galego concorre na categoría de Mellor Álbum Instrumental, que disputa con Michel Camilo & Tomatito, Gustavo Casenave, Luís Salinas e a colaboración de Cesar Camargo Mariano con Rudiger Liebermann, Walter Seyfarth & Benoit Fromanger. A entrega destes galardóns está previsto que se celebre o vindeiro 16 de novembro en Las Vegas. Minimalia está na xira de presentación de Origen, editado por Zouma Récords, e tocará no auditorio municipal de Ourense o vindeiro 28 de outubro.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Auditorio Municipal de Ourense, Ourense, Lingua galega

Claves

Conceptos
Lugares