Daniel Minimalia lanza Cuentos sonoros

O segundo traballo do guitarrista ourensán sae da man de Zouma Récords

31/10/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Cuentos sonoros de Daniel Minimalia

Zouma Récords acaba de presentar Cuentos sonoros, segundo disco do ourensán nado en Vitoria Daniel Minimalia. O disco presenta doce temas de autoría propia nos que o dominio da guitarra deste artista acompáñase de sintetizadores nunha fusión con ecos de Mike Oldfield ou Enya. A obra, que se presentou o pasado 20 de outubro e Madrid, darase a coñecer cunha xira de concertos que está previsto visite Ourense e Pontevedra en datas aínda por concretar. O traballo que está dispoñible en Spotify, foi gravado en ZevraStudios, MinimaliaStudios e Desfase Sound.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Spotify, Vitoria, Ourense, Madrid...

Claves

Entidades