O Consello da Cultura Galega celebrará mañá, xoves 14 de novembro, en Barcelona, en colaboración co Institut dÂ’Estudis Catalans o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos de RosalÃa de Castro. Será o segundo evento sobre a autora que o CCG celebra na cidade condal e o último dunha numerosa serie de congresos, actividades e accións coas que o CCG reivindicou o papel de RosalÃa en Galicia e no exterior.
A xornada comezará ás 19 h. na sede do Institut cunha inauguración a cargo de Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura Galega, e Joan Domènec Ros Aragonès, President do Institut dÂ’Estudis Catalans. A xornada constará de tres conferencias. A profesora Lluîsa Julià , da Universitat Oberta de Catalunya, falará sobre RosalÃa a Catalunya: recepció i debat identitatri”. Marta Font i Espriu, do Centre Dona i Literatura da Universitat de Barcelona, falará sobre “RosalÃa, mar de fons, a Espriu i Marçal”. O evento pecharase con Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, que impartirá a conferencia “Que significa escribir e publicar en galego un libro no ano 1863 (Cantares gallegos)? Catalunya, o marco máis axeitado para este achegamento a RosalÃa”.
Xuntanza co presidente do Institut Ramon Llul
Posteriormente, o venres 15 de novembro, Ramón Villares manterá unha xuntanza de traballo con Àlex Susanna, o President do Instituto Ramón Llul, unha entidade destinada á promoción no exterior do estudo da lingua e cultura catalanas.