Os editores galegos non estarán en Liber

Denuncian a retirada de apoio económico da Consellaría de Cultura como causa

3/10/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Asociación Galega de Editores non participará, como era habitual desde hai anos, en Liber, a feira profesional do libro que comeza hoxe en Barcelona. Segundo sinala este colectivo, a Consellaría de Cultura acordou non correr este ano cos gastos do posto que os editores ocupaban de xeito conxunto no evento. Deste xeito, a presenza galega no evento fica nos postos individuais que instalarán Nova Galicia Edicións, Ideas Propias Editorial e Kalandraka. O Consello da Cultura Galega, pola súa banda, instalará un posto conxunto co Institut d´Estudis Catalans e a Real Academia da Lengua Vasca (Euskaltzaindia), e tamén coa Unión de Editoriales Universitarias Españolas (UNE).

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Feira, Asociación Galega de Editores, Kalandraka...