Doce editoras participan na Feira do Libro de Guadalaxara

A Asociación Galega de Editores leva un posto conxunto coa Xunta

26/11/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Logo da polémica ausencia da edición galega na feira Liber de Barcelona, o sector está presente na Feira Internacional do Libro de Guadalaxara, México. O evento, que comezou o pasado sábado, conta como é habitual cun posto conxunto das editoras do país coa Consellaría de Cultura. No entanto, segundo sinalan os editores, desta volta a axenda de actividades corre totalmente pola súa conta e non haberá presenza institucional no evento. Canda aos editores galegos, nove empresas do sector cultural visitan o evento nunha misión comercial organizada pola Cámara de Comercio da Coruña.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Editores, Feira do Libro, Asociación Galega de Editores...