Nove editoras visitarán a Bienal do Livro de São Paulo

A Cámara de Comercio de Pontevedra apoia esta misión comercial

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A XX Bienal Internacional do Livro de São Paulo, un dos maiores eventos internacionais deste sector contará con nove editoriais galegos entre o 14 e o 24 de agosto. A Cámara de Comercio de Pontevedra acordou coa Asociación Galega de Editores cubrir o 60% dos gastos de viaxe, aloxamento e mais o alugueiro e montaxe de postos e o envío de material. Ademais, achegará un 40% do custo de intérpretes, envío de catálogos e organización, tal e como se establece nas accións integradas no plan Foexga. A Asociación de Editores sinalou que serán nove firmas de Vigo, A Coruña e Pontevedra as que participen no evento cun posto conxunto.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Editores, Asociación Galega de Editores, A Coruña...