A presenza dos editores en feiras internacionais está comprometida

A Asociación denuncia o atraso da convocatoria de axudas para acudir a estes eventos

23/4/2013 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literatura
2 lecturas | Compartido 0 veces
O atraso na convocatoria de axudas para a asistencia a feiras internacionais pode complicar a presenza dos editores galegos nestas citas. Así o recolle hoxe Faro de Vigo, que sinala que as empresas galegas do sector temen non poder asistir a estes eventos, nun momenton o que as exportacións editoriais están a minguar notablemente. A Xunta anunciara publicamente a finais do pasado mes de marzo que apoiaría a presenza dos editores galegos nas feiras internacionais de Bos Aires, Guadalaxara ou Frankfurt, e confirma agora que pon a disposición dos editores un posto común, ademais de se facer cargo do envío de material que queiran facer. Ademais, a Consellaría de Cultura adianta que traballa na elaboración dun novo convenio coa Asociación de Editores de cara a artellar a presenza en feiras foráneas.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas
Conceptos