A Asociación Galega de Editoras (AGE), que integra a 42 empresas galegas decidiu asumir a xestión da súa participación nas Feiras Internacionais do Libro para este ano 2022. Deste xeito, montará o seu propio posto na Liber (Barcelona, 5-7 outubro); en canto a Frankfurt (19 ao 23 outubro, este ano, con España como cultura convidada) contará cun espazo propio dentro do posto da Federación de Gremios de Editores de España; e non asistirá á Feira do Libro de Boloña (21-24 marzo) pola situación pandémica en Italia, que permanecerá en estado de emerxencia ata o 31 de marzo. Xustamente a esta feira italiana foi á primeira á que a AGE asistiu cun posto propio en 2018 tras un desencontro coa Xunta naquel momento.
A decisión tomada polo gremio galego de editoras ven precedida por varios anos de desencontros entre o sector e a SecretarÃa xeral de Cultura en canto ao modelo de promoción do libro galego no exterior, tal como recolle a nosa hemeroteca. No ano 2018 estas diferenzas tiveron o seu punto álxido levándose a cabo conversas entrambas entidades, pero semella que o peche do problema non estaba realmente feito. Agora a AGE asegura que toma esta decisión "despois de moitos anos reclamando á Xunta de Galicia un cambio no modelo de xestión na participación por parte do sector editorial galego nas feiras internacionais do libro, e ante a negativa reiterada da ConsellerÃa de Cultura, que non permite que sexa a Asociación quen xestione a súa propia presenza". A AGE fai referencia á necesidade de que os postos e a xestión da asistencia a estas feiras teña un "marcado carácter profesional" e ven no caso galego, no que se presenta a través dun posto cun carácter institucional unha circunstancia "insólita no sector", pois segundo eles son os gremios de editores do Estado, e tamén a nivel internacional, quen xestionan os seus postos nestas feiras.
O pasado ano a ConsellerÃa de Cultura dedicou 93.871 euros a contratar os contratos necesarios para cubrir a presenza con expositor propio en tres feiras internacionais en Europa a través dun posto institucional. Asà achegouse esta presenza ás feiras de Boloña, Frankfurt e ao Liber de Madrid. Segundo explicaba naquel momento a ConsellerÃa: "a presenza nestas feiras é unha das principais accións para promover as obras galegas nos mercados internacionais cunha programación desenvolvida de acordo coa Asociación Galega de Editores". A AGE, pola súa conta, defende hoxe a necesidade do carácter estritamente profesional do posto, xestionado directamente pola Asociación, para poder desenvolver nel, "dun xeito eficaz e produtivo, as relacións comerciais de compra-venda de dereitos e os contactos internacionais habituais entre editoras, autores e distribuidoras, que son basicamente as accións profesionais que se desenvolven neste tipo de eventos", din desde a asociación.