Os editores galegos seguirán presentes nas feiras internacionais

O conselleiro de Cultura anuncia axudas para grandes proxectos editoriais

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Consellaría de Cultura colaborará coas editoriais galegas para garantir a súa presenza nas feiras internacionais Liber (Madrid), o salón de Frankfurt en Alemaña e de Guadalajara, en México. Así o anunciou esta mañá o responsable desta área, Roberto Varela, logo do encontro que mantivo cos representantes do sector. Ademais, Varela sinalou que nos vindeiros días sairá publicada a orde que regula os subsidios destinados a grandes proxectos editoriais, tanto en formatos tradicionais coma en novos soportes. Cultura tamén contempla a posibilidade de adquirir novidades editoriais do sector galego, aínda que supeditou esta medida ás dispoñibilidades orzamentarias. Do mesmo xeito, Varela anunciou a celebración de foros, debates, e eventos temáticos para a celebración do Ano do Libro e da Lectura, en 2010.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Roberto Varela, Frankfurt, Madrid...

Claves

Protagonistas
Conceptos