Concrétanse as citas exteriores da industria editorial para este outono

Barcelona, Montevideo, Frankfurt e Guadalajara serán as citas deste outono

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

As editoriais galegas estarán presentes desde hoxe en Liber, a feira do libro de Cataluña que comeza mañá. Canda a este encontro, os editores visitarán ao longo deste outono a feiras de Montevideo (9 de outubro), Frankfurt (15 de outubro) e Guadalajara (29 de novembro), segundo anunciou hoxe a Consellaría de Cultura. Ademais de cadanseu posto coas novidades editoriais do país, a presenza nestes eventos reforzarase con recitais poéticos, actividades ou publicacións coma un número da revista Galicia books ou a escolma de literatura galega en inglés que sairán con ocasión da feira de Frankfurt.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Frankfurt, Barcelona, Editores, Literatura...