Comezan as actividades galegas na Feira do Libro de Frankfurt

De xeito paralelo, unha delegación participa na de Uruguai

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Vinte editoras, Miguel Anxo Murado e María Reimóndez a representar os autores e mais os ilustradores Miguel Porto e Xurxo García compoñen a representación da edición galega na Feira do Libro de Frankfurt, que comeza mañá. Ademais, a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, presentará Telling stories from Galicia, unha escolma en inglés de textos da nosa literatura e mais un novo número da revista Galician Books, que fai unha análise da narrativa actual a través dalgúns dos eixos temáticos e estilísticos das nosas letras. De xeito paralelo na Feira Internacional do Libro de Montevideo están representadas 20 editoras. Canda a elas Santiago Jaureguízar e mais o trío Ouriol, que mestura música e poesía, desenvolverán diferentes actividades.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira do Libro, Frankfurt, Uruguai, Miguel Anxo Murado...